Estimado alumno/a:
A finalidade deste cuestionario é profundar no coñecemento da situación sociolingüística no ámbito educativo do centro escolar. Deste modo, coa túa colaboración podes contribuír a mellorar a aprendizaxe en xeral e o coñecemento e uso dos idiomas utilizados polo alumnado do centro. Para isto solicitamos e agradecemos a túa colaboración. A fin de poder contar cunha información de calidade pedímosche que respondas co maior rigor e obxectividade posibles o que redundará en beneficio da nosa educación lingüística.
MOITAS GRAZAS.